As farmacias galegas están dispostas a realizar os test de antíxenos se as autoriza a Consellería de Sanidade
- É un método de detección da covid rápido, seguro e máis barato que as PCR
- Coronavirus: última hora en directo | Mapa de España | Mapa mundial
- Municipios confinados | Evolución de la curva | Qué se sabe de la vacuna
O director dun dos laboratorios que realizan un maior número de probas médicas en Santiago cóntanos que os test de antíxenos están a gañarlle claramente a batalla ás PCR e aos test serolóxicos que se viñan usando ata agora para detectar o virus da covid.
Este tipo de probas foron aprobadas pola autoridade sanitaria española o pasado mes de setembro. A rapidez na que ofrecen resultados, o seu menor custo e o feito de que detecte o virus e non os anticorpos, son vantaxes que lles están a facer gañar terreo.
Explican que ao detectaren o virus impiden que sigan a espallalo persoas contaxiadas, tanto se presentan síntomas coma se non. Esta característica é de destacar fronte aos test de anticorpos, que detectan os que produciu o sistema inmunitario cando xa se desenvolveu a doenza.
En menos de media hora dan o resultado
A rapidez na que ofrece os resultados é o que lle da preferencia fronte ás PCR. En menos de media hora e mesmo en poucos minutos, xa se sabe se un paciente é positivo ou negativo, mentres que polos resultados das PCR hai que agardar un ou dous días.
O prezo dos test de antíxenos é tamén interesante, anda polos 70 euros, mentres unha PCR custa case o dobre.
Os técnicos de laboratorio que os realizan destacan que é necesario extremar o coidado na extracción das mostras de saliva e de mucosidade nasal na que se basea porque, ao facerse o test en base á carga viral, é importante comprobar se existe ou non para que o resultado sexa fiable.
Esta necesidade de coidado na recolección da mostra é unha das condicións que deberán ter en conta os traballadores das farmacias, se finalmente son requeridos e autorizados pola Administración sanitaria para colaborar na realización deste tipo de test.
Os enfermeiros opóñense a que se fagan nas farmacias
Os farmacéuticos amósanse dispostos a facelos, no caso de que a Consellería de Sanidade os autorice.
Din que teñen capacitación técnica e formación acaída para realizalos e que as oficinas de farmacia poderían axeitar as súas instalacións para facer este tipo de test.
Unha posibilidade que non convence aos enfermeiros galegos. Igual que sucede cos doutras comunidades, opóñense a que as farmacias as realicen. Salientan que se trata dunha proba diagnóstica que tén consecuencias no tratamento do paciente que as farmacias non poden xestionar e que as farmacias non son establecementos sanitarios axeitados para facer estas probas.