Peche perimetral de Vilalba a partir desta medianoite tras un gromo na residencia de maiores
- 114 usuarios e 18 traballadores do asilo de Vilalba deron positivos en coronavirus
- Mapa de España | Mapa mundial
- Municipios confinados | Evolución de la curva | Qué se sabe de la vacuna
A partir das 00:00 horas deste sábado quedará prohibido entrar e saír sen causa xustificada en Vilalba. A Xunta de Galicia aprobou hoxe endurecer as restricións neste municipio da Terra Cha de Lugo, que estaba en alerta vermella no mapa semáforo da consellería de Sanidade desde o pasado 8 de novembro.
“Parte dos residentes están sendo trasladados en ambulancia ás instalación habilitadas no Centro Galego de Desenvolvemento Integral, en Santiago“
As medidas restritivas chegan despois de que onte a administración autonómica intervise a residencia de maiores Asilo de Vilalba, que suma 132 casos positivos de coronavirus. Son 114 os usuarios afectados e 18 traballadores, segundo os datos facilitados hoxe pola Consellería de Sanidade.
Parte dos residentes están sendo trasladados en ambulancia ás instalación habilitadas en Santiago de Compostela pola Consellería de Política Social no Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi) para antender este tipo de situacións.
Polo momento a maioría das persoas afectadas non presenta síntomas ou son moi leves, segundo puido saber RTVE.
“Está asíntomático, estable, como estaba, é moi maior ten 101 anos” comentaba unha familiar dun dos residentes preocupada pola evolución do gromo que “foi unha cousa que impresionou a todo o mundo”
Chamamento á responsabilidade
Sen contar o foco do asilo, a evolución da pandemia en Vilalba mantiñase por enriba 60 casos, cun pico de 68, segundo os datos comunicados á alcaldesa Elba Veleiro, que esta mañá facía un chamamento á responsabilidade individual “imprescincible” para a rexedora, que pedía conciencia para “gardar as medidas de seguridade ou senón é imposible parar esta pandemia”.