Enlaces accesibilidad

Terapia asistida con cans para acompañar e axudar a menores vítimas da violencia machista

  • Van cos pequenos ao xulgado cando teñen que declarar ou facer algún trámite
  • Co contacto cos cans, os nenos melloran dos seus problemas de autoestima e de ansiedade

Por
Terapia asistida con cans para menores vítimas da violencia machista

Uva, Bosco, Pot e Mati son cans que acompañan a nenos vítimas de violencia machista ó xulgado, cando toca declarar. Ofrécenlles confianza e seguridade pero a amizade xa vén de antes porque tamén están ao lado deles nas consultas cos terapeutas. "Nosotros lo que intentamos es que los niños vengan líbremente y que nos cuenten todos los sucesos para así poder ayudarles. Que se sientan cómodos y escuchados y aprendan a gestionar las emociones". Así o explica a terapeuta Lucía Lombardía que di que, con cans na consulta, é máis doado crear un ambiente confortable no que os pequenos compartan o que lles pasa porque "os cans nunca xulgan a ninguén".

Axudaron a 42 nenos de entre 3 e 13 anos

O proxecto piloto púxoo en marcha hai un ano a Fundación María José Jove e máis a asociación Apico. Levouse a cabo no xulgado de Violencia contra a Muller de Betanzos. Foron beneficiarios 42 menores de entre 3 a 13 anos. Os resultados demostran que o estrés e a ansiedade nos cativos, cando teñen que ir ao xulgado, redúcese. "Al ir a los juzgados van temerosos, no saben qué les van a preguntar, qué va a pasar. Sabiendo que va a haber ahí alguien de su confianza con ellos, se tranquilizan". Engade a terapeuta que gañan autoestima e que se volven máis cariñosos. Que dormen mellor, estudan máis e perden medos. Isto cando hai terapia asistida con animais.

O proxecto chámase Venus, como unha cadela de terapia que faleceu

Agora bota a andar o segundo ano desta iniciativa. Renóvanse os convenios de colaboración. Xa son catro os concellos participantes, Cambre, Miño, Curtis e Betanzos, que ceden os locais onde se desenvolven as sesións cos cativos. O proxecto é pioneiro en España onde se teñen levado a cabo experiencias de acompañamento nos xulgados pero sen programa paralelo de terapia asistida con cans para axudar a menores que viviron a violencia nos seus fogares.