Unha comercializadora de pesca artesanal lanza unha campaña contra o black friday
- Reivindican prezos xustos, relacións comerciais con valores éticos e respecto ao traballo e aos recursos mariños
É a empresa líder en Galicia na venda de pesca artesanal por internet. Xunto cos mariñeiros cos que traballa, en Muros, lanzaron unha campaña contra os descontos agresivos do Black Friday, poñendo en valor o peixe e marisco galego.
Para demostrar que non é unha cuestión de cartos, van a doar o 10 por cento das súas vendas nesta semana, ao Banco de Alimentos do Concello de Muros.
Coidado dos recursos pesqueiros
Fronte a campañas comerciais agresivas, esta empresa, Fresco e do mar, aposta polo coidado dos recursos pesqueiros e do mar. Asegura que traballa só con barcos, mariñeiros e mariscadores que practican unha pesca artesanal e sostible.
Queren lanzar a mensaxe de que o moderno é ter valores no comercio. Por iso, unha das súas decisións é non vender este venres: "Os nosos océanos non están de rebaixas”, din. "Non e vender todo unha semana senón pescar e vivir todo o ano”, indican os resposables desta empresa.
Para eles tamén é unha forma de respectar aos clientes de todo ano, moitos particulares, e entre outros, os comedores de Inditex.