A hostalaría prepárase para reabrir despois dun mes pechada nas cidades polas limitacións da pandemia
- Santiago ou Ourense están na liña de saída para empezar a abrir bares e restaurantes, polos bos datos epidemiolóxicos
- Coronavirus: última hora en directo | Mapa de España | Mapa mundial
- Municipios confinados | Evolución de la curva | Qué se sabe de la vacuna
Despois dun mes sen podermos tomar unha cervexa ou un café con leite nun bar, parece que o peche da hostalaría vai tendo as horas contadas en Galicia.
Podería ser na fin de semana que vén en cidades como Santiago ou Ourense, se finalmente así o acorda o comité clínico que asesora á Xunta na toma de decisións respecto á loita contra a pandemia. Serían as primeiras nas que se aplique o protocolo anunciado trala reunión que mantiveron a Vicepresidencia da Xunta e as consellerías de Sanidade e de Emprego co Clúster do Turismo e coas asociación provinciais do sector.
Un plan en catro fases
Os hostaleiros traballan coa previsión de que sexa o sábado o primeiro día no que poidan volver erguer as persianas dos seus locais. Unha reapertura que non será total, xa que terán que ir adaptándose ás catro fases nas que se vai concretar a desescalada neste sector.
Nun primeiro momento, o interior dos locais non poderá superar o 30 por cento da cabida e nas terrazas a capacidade máxima será do 50 por cento. Ademáis, en cada mesa só poderán sentarse un máximo de catro persoas non conviventes e os establecementos terán que pechar ás cinco da tarde.
Nun segundo momento, se os datos epidemiolóxicos seguen mellorando, xa poderían abrir ata as once da noite e poderían sentanse xuntas un máximo de seis persoas non conviventes.
Nun terceiro nivel de desescalada, a cabida no interior aumentaría ata o 50 por cento da capacidade do local e ata ao 75 por cento nas terrazas. No cuarto nivel, a volta á normalidade sería case total, manténdose únicamente o horario de peche ás 11 da noite, mentres dure o toque de queda xeral.
Os hostaleiros, contrarios a limitar o número de non conviventes
Son normas pactadas pola Xunta co sector, pese a que os hostaleiros demandan que se elimine a esixencia de que os clientes sexan conviventes para sentárense na mesma mesa. Non o ven lóxico, xa que pode haber, por exemplo compañeiros de traballo que estean sentados xuntos todo o día e non o poidan facer no restaurante onde vaian xantar.
Algunas asociacións, coma a que representa aos hostaleiros composteláns, mesmo se amosaron contrarias a este protocolo e quéixanse de que non foron convidados pola Xunta á reunión na que se comunicou.
Agora será o Comité Clínico o que decida os parámetros de aplicación do protocolo e en que cifras de contaxios, número de hospitalizados e ocupación das UCI se pasará dun a outro nivel.
O anuncio da posible reapertura está a reactivar xa o sector e moitos bares e restaurantes prepáranse para retomar a actividade depois dun mes de peche e dun ano traballando a medio gas.
A entrada en decembro e o tempo frío condicionan a volta á actividade
As cociñas e neveiras que estiveron parados durante semanas necesitan limpeza e revisións e as compras de productos frenscos debe retomarse en temporada de inverno, depois de pecharse con tempo de outono.
Os cogomelos xa non son desta temporada pero si hai que ir preparando o marisco para os banquetes previos ao Nadal e o frío que se anuncia para os próximos días obrign a ir pensando en pratos quentes, en cocidos, sopas e caldos.
Neso andan os hostaleiros, pensando en reabrir.