Enlaces accesibilidad

O venres comeza a desescalada coa reapertura da hostalaría e a eliminación dos confinamentos de Ourense e Santiago

Por
O venres comeza a desescalada coa reapertura da hostalaría e a eliminación dos confinamentos de Ourense e Santiago

A desescalada das estritas medidas que se veñen aplicando en Galicia dende hai case un mes chegará antes da ponte da Constitución.

Este venres ás cero horas comezará a aplicarse un detallado e minucioso protocolo elaborado en base ás recomendacións dos 35 expertos sanitarios que componen o comité clínico que vén asesorando ao Goberno galego ao longo de toda a xestión da pandemia, de marzo para aquí.

Unha desescalada que se inicia en base á evolución positiva que están experimentando os datos de incidencia da pandemia na nosa comunidade, a que presenta mellores cifras en ocupación de hospitais e Ucis, xunto con Canarias, e a cuarta con menos incidencia da covid.

Reducíronse nunha media do 25 por cento os índices de afectación

Unha situación acadada despois de case catro semanas coa hostalaría pechada e con confinamentos perimetrais nas principais ciudades e noutro medio cento de concellos. Medidas que deron resultado ao reducirse nunha media do 25 por cento os índices de afectación da pandemia.

A Xunta e o comité clínico que a asesora consideran que chegou o momento de empezar a aliviar os controis e a próxima fin de semana os habitantes das cidades que presentan mellores datos, Santiago e Ourense, poderán saír en entrar dos termos municipais sen limitacións, o mesmo que os concellos limítrofes que os acompañaron no perímetro confinado. O resto das cidades irán vendo tamén aliviadas as restricións, se a evolución segue sendo positiva, pero continúan a ter limitacións á movilidade.

Reapertura por fases

No que se vai empezar a notar a desescalada de forma xeralizada será na reapertura da hostalaría, pero non será de xeito homoxéneo.

Tamén neste caso será por niveis. Dependendo do número de casos por cada cen mil habitantes, poderán reabrir para o consumo no interior dos locais ou só nas terrazas, e o número de persoas que poderán sentarse á mesma mesa poderán ser 4 ou 6 non conviventes, segundo os casos.

horario para pechar dependerá tamén da boa evolución epidemiolóxica. Poderá ser ás 5 da tarde ou ás 11 da noite.

Posibilidade de volta atrás

Un detallado itinerario co que a Xunta busca evitar un perigo de agravamento dos contaxios que ningúen se atreve a descartar. Nese caso, Núñez Feijóo avisa de que non dubidaría en volver ás restricións e aos confinamentos perimetrais, aínda que sexa no Nadal.