Galicia péchase na ponte mentres reabre a hostalería
- A reapertura da hostalería en Galicia faise baixo normas que varían dependendo da situación epidemiolóxica de cada concello. Permítense as reunións de persoas non conviventes
- Coronavirus: última hora en directo | Así evoluciona la curva | Municipios confinados en España
- Mapa mundial | Qué se sabe de la vacuna contra el coronavirus
Reabre a hostalería en Galicia con condicións, cunha normativa que varía dependendo da situación epidemiolóxica de cada concello. Ademáis, volven permitirse as reunións entre persoas non conviventes.
As principais diferenzas nas restricións entre unas zonas e outras están nas cabidas, no número de persoas que se poden reunir, entre 4 e 6, e nos horarios de peche.
Por exemplo, na Coruña, a cabida máxima en terrazas é do 50 por cento, en interiores, do 40 por cento, os grupos de non conviventes teñen que ser como moito de seis e os locais deben pechar ás 23 horas.
O tempo de inverno non axuda aos hostaleiros
Esta mañá, o tempo de inverno facía que nas terrazas non houbera que estar pendentes da cabida permitida. Estaban a cero.
Nos interiores dos locais, o produto máis demandado era o café, quente e a cuberto. No que había algo de despiste era na normativa cambiante aínda que as restricións máis xenéricas coma o uso da máscara ou a distancia social están máis á orde do día.
Peche perimetral de Galicia ata o día 9
Esta reapertura de cafetarías e restaurantes coincide xusto co peche perimetral que se decretou para Galicia para esta ponte de decembro e que afecta á fronteira con Portugal. Preocupaba a mobilidade co país veciño, on