Centos de veciños de Mazaricos concentráronse no Centro de Saúde para as probas PCR convocadas polo SERGAS
- Algúns marcharon para a casa sen facer a proba, por medo ao contaxio
- Coronavirus: última hora en directo | Mapa de España | Mapa mundial
- Municipios confinados | Así evoluciona la curva | Qué se sabe de la vacuna
Os veciños de Mazaricos tratan hoxe de buscar as culpas para que, como decía un deles, “pasara o que pasou” no Centro de Saúde, cando acodiron ao chamamento do SERGAS para facerlles PCR aos habitantes do municipio de entre 45 e 79 anos.
Suman 2.100 residentes e non é doado facelos pasar a todos nunha tarde polas instalación sanitarias locais. Hai veciños e algunha autoridade municipal que ven nesa dificultade unha das causas do que sucedeu. Nun principio as probas ían repartirse en varios días, pero finalmente a Área Sanitaria de Santiago decidiu concentralas todas na tarde deste luns pasado e enviar sete equipos para realizalas.
Moita máis xente da que debería
No concello pensan que o uso dunha carpa con entrada e saída de pacientes podía facilitar a proba, pero os técnicos sanitarios decidiron facela no Centro de Saúde.
As catro da tarde, hora do inicio da analítica, había nos soportáis do Centro de Saúde, segundo testemuñas persenciais, centos de persoas, moitas máis das que debería haber.
Os presentes aseguran que había xente que tiña a cita para última hora da tarde e que xa estaba alí a primeira e outros que chegaran sen estaren citados.
Tamén se queixan de que fallou algún dos equipos enviados para realizar as probas, o que contribuíu a aumentar o rebumbio.
Nin a Garda Civil puido calmar os ánimos e só a presenza de Protección Civil, que organizaron a entrada para a realización das probas, logrou ir organizando á xente ata que, a partir das seis da tarde, a proba se puido realizar con certa normalidade.
Cifras elevadas de contaxio
Houbo quen marchou para a casa sen facela, por medo ao contaxio e quen si a fixo e marchou tamén con medo.
Os desexos dos veciños de Mazaricos por facer a proba prodúcense no contexto dunha das peores cifras de contaxio, xa que os 28 casos detectados nos últimos días supoñen que o índice sobre 100 mil sería de máis de 800, moi superior á media de Galicia.