Enlaces accesibilidad

José Luis Ábalos: "Seguimos con la previsión de poner en servicio el Ave a Madrid en 2021"

  • A Xunta manifestara que este tren non estaría operativo para o Xacobeo
  • O viaduto visitado hoxe polo ministro debía estar rematado hai catro anos

Por
O Ave a Galicia chegará en 2021

O goberno central mantén o prazo do segundo semestre de 2021 como data probable da entrada en servizo do AVE a Galicia.

Asegurábao este mediodía o ministro de transportes, José Luis Ábalos, durante a súa visita á proba de carga dun viaduto dobre que discorre por Laza, en Ourense.

Viaduto dobre de Teixeiras

O viaduto de Teixeiras mide medio quilómetro de longo e un cento de metros de alto. Forma parte do subtreito máis pequeno da liña, pero máis caro: 2300 metros de túneles e viadutos que custaron case 100 millóns de euros.

Tiña que estar rematado hai catro anos. A demora na súa construción condicionou varias veces os prazos da posta en servizo do Ave a Galicia. José Luis Ábalos anunciaba que se mantén o último prazo comprometido polo goberno, de mediados do ano que vén.

La marcha de los trabajos no nos induce a tener que modificar la previsión

“Seguimos con la previsión de poner en servicio este tramo el próximo año. La marcha de los trabajos no nos induce a tener que modificar la previsión”, ha dicho el ministro.

Dúbidas da Xunta

A visita e anuncio de Ábalos prodúcese unha semana despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestase que non había expectativas de que o AVE chegase en 2021.

Conselleira de Infraestruturas amosaba a súa satisfacción polo avance das obras, ao tempo que xustificaba o labor de control do goberno galego.

“Se equivoca quien pretenda una trinchera en nuestra posición. ¿Qué gobierno seríamos si aceptásemos con indiferencia cada uno de los nuevos calendarios que podemos ir viendo”, se preguntaba Ethel Vázquez.

A conselleira propúxolle ao ministro crear unha comisión de seguemento para realizar un control intensivo e permanente dos traballos que quedan por executar, unha proposta que pola falta de resposta de Ábalos semella que caeu en saco roto.