Enlaces accesibilidad

A Lotería de Nadal deixa máis de 20 millóns en Galicia

  • Pontevedra foi a provincia máis afortunada, con dous cuartos premios e beliscos do primeiro
  • A Ferrol e Ourense chegaron parte do o segundo e o terceiro premio

Por
A Lotería de Nadal deixa máis de 20 millóns en premios en Galicia

O sorteo de Nadal deixa en Galicia máis de 20 millóns en premios, ao tocar en pequenas doses, desde o Gordo a varios quintos.

A administración número 17 de Vigo, na rúa Urzáiz, repartiu, 10,4 millóns de euros coa venda de máis de 500 décimos do número 38.341, no que caeu un dos dous cuartos premios.Vicente López, o seu responsable, sinalou que vendeu 52 series do número premiado.

O outro cuarto premio, que caeu no número 75.981, chegou a Cambados. A administración da praza de abastos vendeu unha ducia de series dese número.

Tamén o Gordo en Pontevedra

O Gordo tamén lle sorriu a provincia de Pontevedra. No Grove vendeuse unha serie completa do número 72897, que supón un premio de 4 millóns, e no Porriño e na Porta do Sol de Vigo despacháronse cadanseu décimo solto.

Unha serie do segundo premio, que lle tocou ao número 6.095 foi vendido en Ferrol. Iso supón 1.250.000 euros. E ata Ourense chegou un belisco lo terceiro, o 52.472.

Galicia xogaba neste sorteo de Nadal 149,3 millóns, un 13,96% menos que o ano pasado. O gasto medio por habitante foi de 55,33 euros.