Usuarios e traballadores de residencias das sete áreas sanitarias reciben 350 doses da vacina contra a covid
- Un problema loxístico da farmacéutica Pfizer, que afectou a sete países europeos, retrasou un día o inicio da campaña
- Mapa de España | Mapa mundial
- Municipios confinados | Evolución de la curva | Qué se sabe de la vacuna
Sanidade decidiu administrar este martes as doses sobrantes da primeira remesa de cincocentas vacinas coas que o Sergas abriu o domingo, de xeito oficial, a campaña.
Chegan a Galicia 18.000 doses
Hoxe chegou a Galicia o primeiro dos 12 lotes semanais que recibirá cada comunidade autónoma nesta primeira fase. 18.000 doses que permitirán comezar mañá o primeiro dos dous ciclos de vacinación precisos para acadar a maior inmunización.
Primeira vacinada na área sanitaria de Vigo
María Bello, de 83 anos foi a primeira das usuarias en recibir a vacina na área sanitaria de Vigo. É usuaria da residencia Santa Marta de Ponteareas onde administraron 54 doses, a todos os residentes presentes e a meirande parte dos traballadores. Algún non deu o seu consentimento.
O centro non rexistrou ningún caso de covid dende marzo. A directora amosouse agradecida por seren elixidos e poder iniciar un novo ciclo que da máis tranquilidade nesta pandemia.
A imaxe repetiuse en centros de maiores das sete áreas sanitarias de Galicia.
Mil vacinas ao día
Sanidade calcula que a primeiros de febreiro estarán inmunizadas en Galicia 37.000 persoas, todos os usuarios e o persoal das residencias de maiores. É a poboación diana, xunto cos sanitarios que traballan en contacto directo con enfermos con covid. Nesta fase contan con vacinar mil persoas ao día.
A enfermeira Nuria Pardellas traballa no centro de saúde de Redondela. Presentouse voluntaria e recibiu formación para entrar nos equipos que se desprazan aos centros. En Ponteareas, dixo que, sumando o rexistro e a inxección, tardou uns sete minutos en vacinar a cada persoa, pero que, coa experiencia, en próximos días poderían reducir o tempo medio. O xerente da área sanitaria, Javier Puente, asegurou que os equipos de enfermaría son persoal dos centros de saúde que foi substituído.