Enlaces accesibilidad

Feijóo defende a Corona coma manifestación da "permanencia e harmonía da Nación"

  • O presidente da Xunta exerceu de delegado rexio na Translación do Apóstolo
  • Destacou as posibilidades que ofrece o Camiño de Santiago

Por
Cerimonia de translación do Apóstolo

O ambiente na Praza do Obradoiro era frío, invernal, tal como adoita suceder todos os 30 de decembro, cando se celebran os actos da Translación do corpo do Apóstolo Santiago, dende o porto de Jaffa, de Palestina a Galicia.

Rememora un dos relatos nos que se basea a tradición xacobea que está na orixe das peregrinacións multitudinarias a Santiago e, dende hai máis de 400 anos, inclúe unha ofrenda real, instaurada por Filipe IV en 1646.

Hai unha parada militar na Praza do Obradoiro, onde o Rei ou o delegado rexio pasan revista ás tropas, mentres as autoridade civís forman diante do Pazo de Raxoi, e se sitúan fronte á fachada da Catedral.

Un acto no exterior, ao carón dos adornos de Nadal instalados polo Concello, no que as baixas temperaturas propias da estación adoitan converterse en coprotagonistas.

A restauración da Catedral

Unha Praza do Obradoiro que presenta dende hai anos un aspecto marcado polas estadas e os carteis das obras de rehabilitación na Catedral dende hai unha década.

Esas obras foron este ano protagonistas especiais. A Catedral acollía por primeira vez un acto solemne, despois de levar case dous anos pechada para que canteiros e restauradores fixeran os traballos. A ceremonia da translación do ano pasado tivera que celebrarse noutra igrexa da cidade e o Botafumeiro levaba case dous anos sen exercer de enorme incensario.

Feijóo volve ser delegado rexio

O Presidente da Xunta retomaba un papel de delegado rexio que nos últimos tres anos desempeñara o titular do Parlamento Galego. A pandemia que marcou as nosas vidas nos últimos meses foi un dos asuntos protagonistas, tanto da ofrenda coma da homilía coa que lle respostou o Arcebispo, Julián Barrio.

O responsable eclesiástico destacou o papel da relixión coma consolo e saída para os que sofren os efectos máis graves do andazo e o Presidente da Xunta salientou as posibilidades que ofrece o Camiño de Santiago como símbolo de superación dos antagonismos e o papel unificador da Corona.