Enlaces accesibilidad

Alicia Tojeiro, a mellor docente de Primaria de España

  • Ensina co xogo, a maxia e o humor os alumnos de Oleiros (A Coruña)
  • Gañou os premios Educa Abanca, considerados os Goya do Ensino

Por
Vai presentarse ao premio europeo

Alicia Tojeiro sempre quixo ser mestra. De nena dáballe clase ás bonecas e dende hai 20 anos é profesora de infantil e primaria do colexio Parga Pondal de Oleiros, na Coruña. Quedou varias veces finalista no Premio Educa Abanca, considerado os "goya da educación" pero esta vez gañouno. Acaba de ser nomeada mellor docente de España. A candidatura presentárona as nais e pais dos seus alumnos.

Que os alumnos pensen

Quero alumnos que pensen e o sistema educativo non axuda

"Entre nós créase unha relación moi horizontal, igual que coas familias. É unha relación de comunicación permanente, non hai distancia, hai afecto. Os meus alumnos quérenme e eso fai que o seu cerebro funcione ben e que sexan competentes en moitos eidos" Así o explica Alicia, que apostou sempre por unha escola humana onde o primordial son as emocións. Tamén di que rema, case sempre, a contra corrente. "Quero alumnos que pensen e o sistema educativo non axuda".

Os alumnos quérenme, e iso fai que o seu cerebro funcione ben e que sexan competentes en moitos eidos

Alicia ponlles deberes aos nenos, a cada un segundo as súas necesidades. Tamén lles pon exames para que aprendan a superar probas na vida e cada suspenso é unha oportunidade coa que poden mellorar. Non hai resultado sen esforzo, é outro dos lemas na súa clase. Agora, a docente quere presentarse ao premio europeo, anque só sexa para chamar a atención das administracións e do sistema educativo que considera fallido e obsoleto.

En 2020 traballaron sobre todo a resiliencia

Cando veu o confinamento levaron un disgusto pero en realidade estaban preparados para todo. Nas clases traballan a empatía, a solidariedade, o respecto ou a resiliencia, que nesta ocasión a puxeron a proba. Engancháronse ás tecnoloxías e non deixaron de traballar. "Cada día recordamos que o importante é estar aí, que vivimos coa incerteza de que hoxe estamos e mañá igual non, e que temos que desfrutar a tope xuntos. Sempre lles digo que se mañá non podemos estar, non pasa nada. Nós estamos preparados para todo. Claro, eu son a profe", remarca.