Enlaces accesibilidad

Toque de recollida adiantado ás 10 da noite e hostalaría pechada a partir da seis

  • 63 concellos en confinamento perimetral, as reunións de non convivintes limítanse a 4 persoas
  • A nova vaga de contaxios sitúa a Galicia entre as comunidades con maior risco

Por
Máis restricións á mobilidade

Desde este venres o toque de queda adiántase en Galicia ás dez da noite. O comercio deberá pechar antes das nove e media e a hostalaría ás seis da tarde. A partir desa hora tampouco se poderán facer nas casas reunións de non convivintes, limitadas en todo caso a 4 persoas. O presidente da Xunta alerta sobre a nova situación.

Se substituímos os bares polos domicilios non imos cortar a pandemia

Máximas restricións

Sesenta concellos nos que viven case a metade dos galegos terán as máximas restriccións. A hostalaría só poderá servir na terraza e a mobilidade quedará restrinxida ao termo municipal. No resto de concellos non haberá peche perimetral, salvo no caso de Vigo, Lugo e Pontevedra, que si o terán coma o resto de cidades. Alberto Núñez Feijóo pide que os desprazamentos sexan só os necesarios. "La intencionalidad es no desplazarse de los domicilios para supuestos en que no sea imprescindible, entendiendo como imprescindible la sanidad, la educación y el trabajo"

O presidente da Xunta admite que estas restricións terán efectos durísimos para determinados sectores, como a hostalaría e anuncia máis axudas. “É inxusto estigmatizar a un sector, porque non hai máis contaxios nos bares que nas reunións familiares”

Loita titánica

Destaca que polo momento a situación hospitalaria e da UCI é mellor que na segunda vaga de novembro, pero que a progresión do virus é máis preocupante agora.

“Se non tomamos medidas acabaremos mal e aínda tomando medidas vai ser unha loita titánica, na que necesitamos o compromiso de cada un dos galegos”

Estas medidas manteranse, polo menos, ata mediados de febreiro, cando se espera que pase o pico desta terceira vaga.