Baixaron os transplantes un sete por cento, con menos doazón de órganos pola covid
- Aumentaron as negativas dos familiares de falecidos, sobre todo en marzo e abril de 2020
- En Galicia baixaron as doazóns un oito por cento, o dezanove por cento no conxunto de España
Actualmente hai en Galicia 8.600 persoas un ril, un pulmón, un corazón, un fígado ou un páncreas que lles permite seguir con vida grazas a teren recibido un transplante nun dos hospitais galegos que realizan este tipo de intervencións.
Unha mellora na saúde que é posible polas doazóns que realizan as familias de persoas falecidas que, cada vez máis, aceptan a petición que lles realizan os profesionáis do SERGAS neses delicados e dolorosos momentos.
110 doazóns de órganos e 328 transplantes
Precisamente esas circunstancias e os especiais momentos que se viviron o ano pasado, sobre todo nos meses de marzo e abril parecen estar detrás do lixeiro aumento das negativas familiares a aceptar esas doazóns. Aínda así, en 8 de cada dez casos, a resposta, din os responsables do SERGAS, é afirmativa e en Galicia realizáronse o ano pasado 110 doazóns de órganos fronte ás 136 que houbera no exercicio anterior.
O doante medio é un paciente duns 60 anos de idade que faleceu a causa dun problema cerebrovascular, algo que vén sucedendo xa dende hai algún tempo, sustituíndo esta tipoloxía á que se rexistraba no inicio da actividade da Axencia Galega de Doazón, cando unha boa parte dos doadores rondaban os 40 anos e faleceran vítimas de accidentes de tráfico.
A doazón e transplante de medula ósea, das máis afectadas
Nos hospitais galegos houbo 6 doantes, pese á situación de pandemia.
Este tipo de transplantes foi dos máis afectados polo parón a que obrigou a especial situación sanitaria pero aínda asi, rexistráronse 928 doantes de medula máis e a cifra total en Galicia acada os 12.458.