Enlaces accesibilidad

A ocupación nos hospitais achégase á da primeira onda

Por
Medra a presión nos hospitais de Galicia

A ocupación dos hospitais comenza a achegarse ás cifras da primeira vaga. Hai case 800 persoas hospitalizadas. O máis preocupante é que nos últimos sete días a ocupación de camas convencionais medrou un 58 por cento, sobre todo nas áreas da Coruña, Ferrol e Ourense.

aumento foi superior nas UCI,  o que obrigou a trasladar enfermos dende Ferrol a Lugo. Hai 114 persoas infectadas en situación crítica.

Ocupación das UCI

director xeral do Sergas, José Flores, explicou esta mañá que “o incremento de ocupación nas UCI é dun 68 por cento, sobre todo nas áreas da Coruña, Ferrol e Santiago”.

Antes de habilitar hospitais de campaña, o Goberno galego opta por redistribuir os doentes das áreas máis saturadas e trasladalos a hospitais máis modernos como o Álvaro Cunqueiro, de Vigo, onde nos últimos días abriron 60 camas de hospitalización para enfermos e casos sospeitosos de covid.

Gromo no hospital do Meixoeiro

Unha medida provocada polo aumento repentino de casos ao detectarse un abrocho na planta de xeriatría do hospital do Meixoeiro.

Vintedous doentes foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro, doce deles infectados. O Sergas realizou un cribado noutras unidades do hospital e detectou outros 16 casos. Agora o gromo afecta a 28 doentes e 9 profesionais.

Para garantir o coidado dos críticos o Sergas está reprogramando cirurxías non urxentes.