Enlaces accesibilidad

Alerta máxima en Xinzo de Limia polo número de contaxios

  • Ten unha incidencia acumulada de case 2.000 casos por 100.000 habitantes
  • As xuntanzas familiares do Nadal e as matanzas, as causas máis probables

Por
Os contaxios seguirán medrando en Xinzo

escalada de contaxios no concello ourensán de Xinzo de Limia semella imparable dende que remataron as festas do Nadal. Hoxe suma 222 casos activos. Son 110 máis que hai nove días e multiplica por 17 os que tiña o 14 de decembro. E seguirán medrando porque os rastrexadores do Sergas están a buscar os contactos estreitos dos 70 positivos detectados no cribado masivo da pasada fin de semana.

Segundo o tenente de alcalde, o elevado número de contaxios son consecuencia das xuntanzas familiares nas festas do Nadal, das matanzas e da mobilidade entre concellos. Amador Díaz asegura que “a situación é moi complicada porque onte a taxa de incidencia acumulada a 14 días era de 1946 casos por cen mil habitantes, que é moitísimo”.

Restricións do “modelo Carballiño”

Para deter a transmisión comunitaria da enfermidade, a partir desta noite quedarán prohibidas todas as actividades non esenciais e non se poderá entrar nin saír do concello, agás por unha causa xustificada: ir ao traballo, ao colexio ou ao médico. A hostalaría só poderá vender produtos para levar. Son as mesmas restricións do chamado “modelo Carballiño”. Nesa vila aplicáronse antes do Nadal e logaron frear a expansión do coronavirus en menos dun mes.

Xa era necesario que pecharan o concello dende a ponte da Constitución ata pasar Reis

O presidente da Asociación de Hostaleiros de Xinzo lamenta que as restricións non se aplicaran antes. Para Alberto Rúa, dono dun bar situado na praza máis céntrica da vila, “xa era necesario que pecharan o concello dende a ponte da Constitución ata pasar Reis. Sería máis lóxico, pechar a cal e canto”.

Adianto do toque de recollida

O concello publica un bando municipal recomendándolle aos veciños que se autoconfinen a partir das oito da tarde, dúas horas antes do toque de recollida que está en vigor na actualidade. A proposta coincide coa que a Xunta lle trasladou ao goberno central na xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde. O goberno municipal de Xinzo tamén consensuou cos comerciantes pechar os negocios ás 18 horas. O 80 por cento dos autónomos xa está a cumprir ese horario para colaborar no control da covid 19. A presidenta da Asociación

É unha forma de sacar á xente da rúa, para que se metan nas casas e freemos esto porque é unha auténtica loucura

de Comerciantes, Concepción Conde, considera que “xa non se trata do que deixas de vender ou de servir. É unha forma de sacar á xente da rúa para que se metan nas casas e freemos esto porque é unha auténtica loucura”.

A vila de Xinzo é coñecida internacionalmente por ter un dos ciclos do entroido máis longos do mundo. Tería que comezar a vindeira fin de semana co Petardazo do sábado e o Domingo Fareleiro, pero este ano non se vai poder celebrar por mor da pandemia.