O número de hospitalizados en Galicia supera xa ao do momento máis grave da pandemia, no mes de abril
- Os especialistas advirten de que a situación aínda pode empeorar, se non se adoptan restricións drásticas
- Coronavirus: última hora en directo | Mapa de España | Evolución de la curva | Hospitales y UCI
- Vacunas en España | Guía de restricciones | Mapa mundial
Levamos xa doce días con aumentos dos casos positivos por riba dos mil. Seguen subindo e achéganse aos vinte mil, acadando un novo máximo na nosa comunidade, dende que comezou a pandemia.
Son xa 19.768 o número de infectados o que supón 766 máis ca no reconto anterior, realizado na fin de semana.
Os novos positivos descenden lixeiramente pero parece que aínda haberá que agardar para confirmar se esa ralentización se debe aos efectos das medidas tomadas hai dez días.
88 ingresos nun día
Nestes momentos hai máis hospitalizados ca nunca, en total 1.154 o que supón que aumentaron en 88 nun día.
Os especialistas levan varios días e mesmo semanas entonando aquelo de que “xa vos avisamos”, referíndose ao perigo que supuxeron as medidas de alivio das restricións postas en marcha no Nadal.
Un aumento da mobilidade e dos contactos sociais e familiares que cualifican de aínda máis perigosos ao térense producido ao inicio do inverno, a época na que máis doado lles resulta propagarse aos virus.
Ven o confinamento coma inevitable
Agora, coa terceira vaga lanzada, todas as áreas sanitarias galegas notan o seu impacto.
A da Coruña supera os cinco mil infectados e as de Vigo e Santiago superan os tres mil.
Os expertos aseguran que esta situación fai aumentar o perigo de contaxio e ven o confinamento coma a medida máis eficaz, se non a única, para deter a progresión da pandemia.