Enlaces accesibilidad

Homeles home, candidata galega aos Goya de animación

O día 6 de marzo compite en Málaga con outras dúas producións

Gañou o Premio do Xurado do Festival de Annecy, que lle abre as portas aos Oscar

Por
Candidata aos Goya de animación

Un triángulo amoroso entre unha bruxa, un orco e un ogro. Con ese argumento, a curtametraxe aborda o tema da volta á terra de orixe de moitas persoas por mor da crise económica. Como di o protagonista, "ninguén pode escapar das súas raíces, aínda que estas estean absolutamente podres". Esa terra pode ser a Galicia baleirada. Aí están as súas paisaxes, a luz, a música e o acento galego dos personaxes. "Son galego, produzo en Galicia. Éme imposible non pasar as historias que conto polo meu funil, polas miñas experiencias", di o director.

Obrigados ás coproducións

Facer cinema de animación non é doado, aínda que en Galicia hai unha produción cada vez máis importante. Pero fai falta un financiamento estable. A carencia fai que os autores se vexan obrigados ás coproduccións, no caso de Homeless Home, con Francia.

Hai talento pero moita xente ten que marchar fóra, non temos industrias sólidas

"Hai talento pero moita xente ten que marchar fóra, non temos industrias sólidas, escolas sólidas. Faise o que se pode, pero queda aínda moito por facer", explica Alberto Vázquez.

Entre os Goya e os Oscar

Esta curta está feita por un equipo de profesionais que traballan nun piso da cidade vella da Coruña e que están a conquistar o escenario internacional. A curta estreouse no Festival de Annecy, o máis prestixioso do sector. Acadou o Premio do Xurado, nunca unha obra española o conseguira antes. Isto fai que sexa elexible para os Oscar e xa é canidata aos Goya a mellor curta de animación. Compite con Metamorphosis, de Carla Pereira e Juanfran Jacinto, e con Vuela, de Carlos Gómez-Mira Sagrado.

Alberto Vázquez xa ten dous Goya no seu poder.

Seguinte película, Unicor Wars

Este equipo traballa xa nunha nova película, Unicor Wars, animación tamén para adultos. Os protagonistas son osiños e unicornios en guerra. É unha coprodución hispano-francesa e belga. Sairá ao mercado o ano que vén.