Enlaces accesibilidad

Protestas e xestións para parar o ERE de Siemens Gamesa

  • Os traballadores marchan en manifestación desde a fábrica ao Concello das Somozas

Por
Protesta dos traballadores de Gamesa nas Somozas

Representantes dos traballadores e da dirección de Siemens Gamesa apuran as últimas horas do período de consultas, que hoxe remata.

En caso de non chegar a acordo, a compañía pretende aplicar un ERE para suprimir os 215 empregos da planta das Somozas, en Ferrol, onde hoxe levan a cabo unha mobilización.

Fixeron unha marcha desde a fábrica ata a casa do concello, onde queimaron simbolicamente mecos con roupa de traballo da empresa.

Piden ampliar o período de negociacións

Os representantes sindicais piden a ampliación do período de consultas do ERE e a intervención da autoridade laboral.

Alegan que Siemens Gamesa actúa de mala fe, poñendo como exemplo a negativa da empresa a participar nunha mesa industrial este mércores.

O comité en empresa asegura que esta planta ten carga de traballo, pero a multinacional, din, insiste en pechala e desviar os encargos á nova factoría que construíu en Portugal.