Comeza en Galicia a vacinación masiva a maiores de 80 anos
- 224.000 galegos nados antes de 1941 e que viven fóra das residencias serán inmunizados de aquí a primeiros de maio
- Hoxe estaban citadas case 4.000 persoas en 400 puntos de vacinación
Os 400 puntos de vacinación despregados en Galicia eran un ir e vir constante de usuarios, a maioría acompañados por familiares. En xeral, había poucas dúbidas e moitas ganas de vacinarse. “ Así quedamos todos máis tranquilos. Estabamos esperando por ela como auga de maio”, comenta Dolores Iglesias, usuario do ambulatorio Virxe Peregrina de Pontevedra.
“A experiencia foi boa, como calquera outra vacina, chegas, pínchante e hai que esperar uns mintos por se da reacción“
“A experiencia foi boa, como calquera outra vacina, chegas, pínchante e hai que esperar uns mintos por se da reacción, o persoal é moi amable”, asegura Dolores Labrador, citada tamén esta mañá.
Os primeiros, os de apelido con H
As primeiras persoas citadas , segundo un sorteo ante notario, foron as que teñen apelido que empeza pola letra H. Pero en Pontevedra, por exemplo, a lista xa chegou o primeiro día ata os usarios con letra L. Todos teñen xa cita para recibir a segunda dose da vacina de Pfizer dentro de tres semanas, o 15 de marzo.