Enlaces accesibilidad

Os usuarios das residencias saen á rúa tras seren vacinados

  • Os contaxios nos centros seguen baixando e case todos os residentes están vacinados
  • Os responsables pídenlles prudencia e que sigan cumprindo as restricións

Por
Primeiras saídas dos usuarios das residencias tras seren vacinados

Con case a totalidade dos residentes e traballadores vacinados a situación é máis favorable para un dos grupos de maior risco, os maiores. Así o afirman os usuarios da Residencia Porta do Camiño de Santiago, que saíron hoxe por primeira vez tras recibiren a vacina.

O primeiro que vou facer é ir ao bar a tomar un café

“O primeiro que vou facer é ir ao bar a tomar un café”, di Jesús mirando o bar da esquina, “Eu vou ir visitar os meus cans”, afirma Teresa. Dolores, máis atrevida, di que subirá a un autobúsa para “ir ben lonxe”.

Eu vou ir visitar os meus cans

A vacina trouxo a esperanza e serve como primeiro paso para a súa volta á normalidade. “Vou saír a rúa toda contenta”, afirma Nieves Cao, que fora a primeira persoa vacinada en Galicia.

Piden prudencia, pese á vacina

Aínda que as ganas de saír eran moitas, só poderán facelo unas horas á semana e cumprindo sempre coas restricións.

As residencias rexistran unha baixada continuada de casos de coronavirus. Nelas comezou o proceso de vacinación. A alegría e impaciencia dos maiores vese freada por unha situación que aínda non está controlada. Coa recente saída do risco extremo, as restricións irán diminuíndo, pero cómpre non arriscar.

“Eles teñen ganas de saír e non se percatan do risco que corren, nós recordámoslles sempre que deben lavar as mans, usar as máscaras e que cumpran con todas as medidas”, afirma Vanesa Castro, directora do centro.