Enlaces accesibilidad

Galicia foi a última Comunidade, xunto con Murcia, á que chegou a covid hai un ano

  • O 4 de marzo de 2020 ingresaba no CHUAC un home de Madrid con febre e dificultades para respirar

Viñera á Coruña para unha entrevista de traballo

Por
Galicia foi a última Comunidade, xunto con Murcia, á que chegou a covid

Os síntomas non gustaron aos médicos e tampouco a procedencia do enfermo, un madrileño que viaxara en coche ata A Coruña para unha entrevista de traballo.

O feito de que viaxara dende a capital axiña nos fixo desconfiar

"Aquela pneumonía bilateral podía ter varias etioloxías, pero o feito de que viaxara dende a capital axiña nos fixo desconfiar de que se tratara dunha pneumonía covid. Un test, que daquela eran máis lentos cós de hoxe, confirmouno", lembra Carmen Montero, pneumóloga do CHUAC.

Confinamento dez días despois

A partir dese momento os hospitais comezaron a encherse e chegou o confinamento total da poboación. O persoal sanitario lembra hoxe o medo e respecto que cuasaba aquel virus. Luisa Pan, enfermeira do Hospital da Coruña, foi unha das primeiras persoas en dar positivo: "Marchei de baixa e cando me reincorporei impresionoume moito aquelo no que se convertera a miña unidade".

Máis coñecemento pero unha situación fóra de control

Nun principio había desceñecemento sobre o virus e as maneiras de contaxio. Aos enfermos administrábaselles moita medicación, non había máscaras para todos, chegaron os primeiros equipos de protección e os sanitarios aprenderon a vestirse e espirse. Todos os esforzos se concentraban na limpeza de superficies. A fórmula máscara-distancia-ventilación aplicaríase máis tarde. Conclúen os sanitarios que chegamos a este aniversario con máis coñecemento e con vacinas, pero cun número de vítimas e afectados que medrou sen control.

Un ano de covid en Galicia

Un ano de covid en Galicia

O gran confinamento que seguiu á chegada da pandemia foi a primeira ameaza á vida cotiá. Ao pouco, saltaba a alarma nas residencias de anciáns, onde vive o colectivo máis vulnerable.

En plena pandemia, unhas eleccións autonómicas. Verán especial, Nadal raro, e non puidemos librarnos dunha terceira vaga que agora estamos a superar grazas, en boa parte, á chegada das vacinas.

Como cambiamos nun ano de covid

Como cambiamos

As máscaras, as PCR, os xeles hidroalcólicos e outros elementos fóronse facendo cotiáns ao longo deste tempo no que a pandemia mudou as nosas vidas. Cambiou o noso día a día, a forma de socializarnos e mesmo de traballar.