Enlaces accesibilidad

59 anos sen o xornalista Julio Camba

documental de Aser Álvarez repasa as súas orixes en Vilanova de Arousa e a súa etapa en Bos Aires

Por
59 anos sen o xornalista Julio Camba

0 28 de febrero de 1962 falecía no Hotel Palace de Madrid o xornalista Julio Camba, tras deixar centos de artigos nos que amosa a súa maestría á hora de retratar sociedades e costumes, sempre baixo a súa ironía e sentido do humor.

Para conmemorar o seu cabodano, o Consello da Cultura presentou na súa web “O principio do mundo en Julio Camba”, un documental de 25 minutos de duración dirixido por Aser Álvarez que se centra nos primeiros anos deste xornalista nacido en Vilanova en 1884.

El periodista Julio Camba en su juventud

Imaxe do xornalista Julio Camba na súa mocidade Consello da Cultura

Conta coa colaboración de dous dos seus biógrafos, Pedro López e Benito Leiro, que lembran cómo parteu como polisón rumbo a Bos Aires sendo adolescente, e cómo volveu expulsado tras involucrarse no movemento anarquista. El mesmo presumía de que este feito lle permitira viaxar de balde ás Américas.

Un percorrido polos seus anos máis descoñecidos

Un dos aspectos máis descoñecidos de Julio Camba eran as súas orixes en Vilanova de Arousa e una etapa que el pasou en Bos Aires, que o marca ideolóxicamente

“Viamos que un dos aspectos máis descoñecidos de Julio Camba eran as súas orixes en Vilanova de Arousa e una etapa que el pasou en Bos Aires que o marca ideolóxicamente, xa que foi moi activo nos círculos anarquistas”, explica Aser Alvarez en Radio Nacional.

O documental conta coas aportacións de historiadores como Ramón Villares e Xosé Manuel Núñez Seixas, pero tamén de veciños que o coñeceron como o exalcalde de Vilanova Agustín García, e que aportan claves da súa personalidade como a retranca, a independencia, ou mesmo que non era demasiado xeneroso cos cartos.

Primeiros pasos dunha serie biográfica internacional

Son os seus primeiros anos, que forxarían a identidade dun dos xornalistas máis carismáticos de Galicia. Logo exercería de corresponsal en cidades como París, Berlín ou Nova York, e convertiríase nun dos xornalistas mellor pagados do seu tempo.

A idea é que este documental sexa un primeiro chanzo de cara a elaboración dunha serie biográfica de carácter internacional

O director do documental, Aser Álvarez, adianta en Radio Nacional que haberá máis investigacións sobre o xornalista. “A idea é que este documental sexa un primeiro chanzo de cara a elaboración dunha serie biográfica de carácter internacional onde podamos percorrer moitos dos lugares nos que Julio Camba viviu e traballou”.