Segundo cribado masivo na Coruña pola incidencia da covid
- 153.000 persoas van ser convocadas para probas PCR en saliva
- Coronavirus: última hora en directo | Mapa de España | Hospitales y UCI
- Vacunas en España | Guía de restricciones | Mapa mundial | Especial: La gran vacunación
A Coruña rexistra os peores datos das cidades de Galicia, 225 casos por cada 100.000 habitantes.
Isto leva ao Sergas a buscar positivos e asintomáticos na poboación de entre 19 e 59 anos. Son 153.000 as persoas que van ser convocadas para este cribado masivo.
É na explanada do pavillón de deportes de Riazor e vaise desenvolver durante sete días. O Sergas vai chamar a 153.000 persoas e a cita vaise comunicar a través de mensaxe de móbil.
O obxectivo é localizar positivos e asintomáticos e rebaixar as cifras de incidencia da covid na cidade herculina. Hai, a 14 días, 225 casos por cada 100.000 habitantes, a taxa máis alta de tódalas grandes cidades galegas. A media na Comunidade está en 90,8.
A proba é unha PCR en saliva
Persoal sanitario informa individualmente sobre as instrucións. Hai que recoller un tubo, levalo para casa, depositar nel o chuspe pola mañá antes do almorzo e entregalo aos sanitarios no mesmo lugar da recollida.
Para acceder á carpa de Riazor pódese facer en coche ou a pé. Os casos positivos comunícaos un médico e os negativos a través de sms ao teléfono.
O Sergas anima a poboación a participar
"Fanche unha proba que custaría nun laboratorio mínimo 100 euros, ganas en seguridade e podes aproveitar para ir ver a familia que hai tempo que non ves, aínda que sexa cinco minutos".
"Hai moita xente que se escaquea por medo a dar positivo e a ter logo que confinarse, pero ese medo témolo todos".
"Oxalá a poboación responda para acabar con esta situación canto antes, para máis nun momento no que o número de casos aumenta na Coruña".
Son algunhas das opinións das persoas que esta mañá participaban no cribado masivo. O primeiro que se fixo nesta cidade foi a finais de xaneiro, dirixido a uns 135.000 cidadáns dos que case a metade non se presentou.