Enlaces accesibilidad

Apertura ata as nove e ampliación da cabida na hostalaría de case toda Galicia desde este venres

  • Só haberá límites de mobilidade nos tres concellos en máximo risco
  • Aumenta a cabida nos de menor incidencia

Por
Apertura ata as nove e ampliación da cabida na hostalaría

Só os concellos de Vilardevós, Paradela e Maside pasarán a ponte de San Xosé con restricións máximas. Serán os únicos que manteñan limitacións de mobilidade, xa que entre o resto poderá haber desprazamentos, aínda que estean en distinto nivel de restricións. Tamén, agás neses tres, se amplía o horario da hostalaría ata as nove da noite. E nos concellos cunha incidencia inferior a 150 aumenta a cabida ao 75% nas terrazas e o 50% no interior. Neste nivel máis baixo das restricións estaría máis do 85% da poboación e todas as cidades, agás A Coruña.

O día do pai é una data sinalada para as familias, pero o mellor regalo é celebralo o próximo 19 de marzo de 2022

Núñez Feijóo: “Será una ponte de San Xosé distinta á que nos gustaría. Non imos poder facer todo o que queriamos, pero seguro que imos facer moitísimas máis cousas das que fixemos na ponte de San Xosé do ano pasado. Sei que o día do pai é una data sinalada para as familias, pero o mellor regalo para celebrar o día do pai é celebralo o próximo 19 de marzo de 2022”.

A hora de recollida mantense ás dez

Desde este venres e ata despois da semana Santa non se poderán reunir nos domicilios persoas non conviventes. E as xuntanzas limítanse a un máximo de seis persoas no exterior e catro en interiores. O toque de recollida mantense nas dez da noite. As medidas serán revisadas nos primeiros días da Semana Santa.

Feijóo: “Temos que evitar unha repunta de contaxios e unha cuarta onda. Que como saben empeza a ser un risco certo nalgúns países de Unión Europea, a cuarta onda. Por iso a prudencia vai seguir guiando a apertura e as decisións do comité clínico e do Goberno. Aínda é cedo para tomar decisións definitivas".