Enlaces accesibilidad

Percorrer Galicia a través dos seus dez mil cruceiros

  • Os calvarios espallados por toda Galicia son un tesouro etnográfico non sempre ben valorado
  • Consello da Cultura Galega publicará 30 rutas cos calvarios como fío conductor

Por
Roteiro dos cruceiros de Galicia

As rúas, estradas, camiños e montes galegos teñen unhas testemuñas silenciosas da vida que transcorre por elas. Son os cruceiros, construcións tan habituais para os galegos -que apenas se fixan neles- como sorprendentes para os visitantes.

Dentro do patrimonio monumental que temos, é o máis inxustamente esquecido

“Dicía Castelao: reparade nos nosos cruceiros”. “E as súas palabras seguen vixentes”, recalca Fernando Rivas, da asociación de amigos dos cruceiros. “Normalmente, dentro do patrimonio monumental que temos, é o máis inxustamente esquecido”.

Únicos en características e circunstancias

Cruceiro de Hío, Pontevedra

Monumento escultórico de Hío, en Cangas do Morrazo

Os calvarios tiveron orixe noutros territorios, coma Irlanda ou a Bretaña francesa, pero arraigaron en Galicia como en ningures. É o lugar do mundo co maior número, máis de dez mil.

Mais alá dun monumento que está na nosa paisaxe, de una maneira omnipresente, dentro deles hai moitas historias

Hainos dende o século XIV ata o XXI, sinxelos e barrocos, de carácter devocional ou como simple sinalamento de encrucilladas. Son monumentos omnipresentes na nosa paisaxe, pero “dentro deles hai moitas historias".

Un roteiro distinto cada mes

O consello da cultura galega disponse a dar a coñecer este patrimonio, estes símbolos vencellados á identidade e sentimentos dos galegos, a través dunha serie de roteiros.

Cada mes ofrecerán un percorrido por unha área xeográfica concreta, reparando nalgunhas das cruces que cativaron a Castelao e outros intelectuais. O primeiro, sobre a comarca luguesa da Terra Chá, está xa dispoñible.