Enlaces accesibilidad

A residencia de anciáns de Celanova tivo o maior foco de contaxios de Galicia

  • Hai un ano, alí morreu de covid un ancián e estaban infectadas vinteoito persoas
  • En dous meses faleceron nove residentes, o exército desinfectou o centro e as traballadoras pediron axuda

Por
A residencia de Celanova, un ano despois da crise

“Non damos abasto, non temos persoal suficiente”, lembra Sonia Opazo, traballadora da residencia. Tampouco tiñan material de protección.

“Foron momentos duros porque era unha situación descoñecida, estabamos perdidos”, engade.

Foron momentos duros porque era unha situación descoñecida, estabamos perdidos

Entre marzo e abril de 2020 morreron nove anciáns da residencia.

Contaxiada con 98 anos e sen síntomas

Emilio e Basilia son o sobriño e a irmá de María Elena, a usuaria que puido celebrar o seu 98 aniversario tras superar a covid sen ter ningún síntoma. O fotoxornalista Brais Lorenzo recibiría un premio internacional á mellor foto do ano por captar ese instante.

Un ano despois, os seus familiares din que María Elena segue ben de saúde

Un ano despois, os seus familiares din que María Elena segue ben de saúde.

A familia de María Elena considera que está ben atendida, pero segundo a Federación Vellez e Dignidade, o centro segue sen ter un servizo de enfermaría ás 24 horas e as batas dun só uso utilízanas varias veces despois de lavalas. As traballadoras négano e din que o persoal é suficiente

Hoxe na residencia viven 58 anciáns coidados por 33 traballadoras. A gran maioría xa recibiron as dúas doses da vacina. A residencia está libre de covid dende maio do ano pasado.