Enlaces accesibilidad

A frota de baixura, contra o novo regulamento europeo de control da pesca

  • Bruxelas quere controlar a pesca artesanal con xeolocalizadores e diarios electrónicos
  • A medida indigna ás confrarías galegas, que protestan cun paro nos portos

Por
A frota de baixura, contra o novo regulamento de control da UE

É mediodía. En todos os portos galegos, de norte a sur, soan as bucinas dos barcos de baixura. Moitos portan bengalas e pancartas, en protesta polo novo regulamento comunitario que se negocia en Bruxelas para o control das embarcacións.

Galicia é diferente a calquera porto de España e de Europa

“Galicia é diferente a calquera porto de España e de Europa. Somos 3.800 embarcacións de pesca artesanal de 4 a 12 metros e non podemos adaptarnos ás normas que nos queren implantar”, apunta dende Ribeira José Antonio Pérez Sieira, Presidente da Federación Galega de Confrarías.

Xa temos toda clase de controis e trazabilidade. Moitas embarcacions non teñen nin electricidade e ponte de mando, e non é viable que embarcacións dun só home teña que estar retransmitindo datos cun móbil ou un diario electrónico se imos botar o peixe no peirao nese momento.

¿Para qué queremos a xeolocalizacións se estamos dentro das rías. Nós non imos pescar a outro Estado membro. É inviable”.

Na mesma liña se expresa Francisco Abilleira, patrón de pesca.”Estas embarcacións estar supervixiadas. Os gardacostas da Xunta, a Garda Civil do mar, os vixiantes das confrarías, aquí é imposible que un barco veña con carga de pesca a maiores para facerse rico”.

A pesca artesanal, contra o novo regulamento europeo de control

Cámaras para os barcos de máis de 12 metros

Un dos aspectos máis controvertidos da modificación do regulamento é a posibilidade de que os barcos de máis de 12 metros teñan que instalar cámaras de circuíto pechado de televisión.

Onde está a privacidade da xente? Como vai estar exposta a unha cámara?

O obxectivo é controlar que se cumpra a obriga de desembarque, é dicir, que non se botan pola borda capturas sometidas a TACS e cotas.

No parque de pesca do “CANTÁBRICO 3”, o seu armador, Domingo Fernández, pregunta contrariado: “Onde está a privacidade da xente? Como vai estar exposta a unha cámara?”, “E unha inxerencia absoluta na vida dos tripulantes, que van traballar baixo presión.” “Non é aceptable,” indica tamén Hugo González, xerente da Asociación de Armadores de Vigo

Tecnoloxía galega para a observación da pesca

Dende o parque de Porto do Molle, en Nigrán, a empresa MARINE INSTRUMENTS leva vinte anos desenvolvendo solucións electrónicas para a pesca. Xa instalaron cámaras de última xeración en buques de Canadá ou Nova Zelandia. “É un observador electrónico que rexistra as imaxes e vídeos que capturan as cámaras, e tamén unha serie de sensores que instalamos no barco, en determinados puntos de interese para ver se se está producindo un acto de pesca ou non”, explica Gabriel Gómez Celaya, director xeraL da compañía.

Na empresa, con 150 traballadores, entenden os recelos que as cámaras poden suscitar entre o sector. Pero insisten en que ”non se trata de vixiar a ninguén, senón de ver o peixe para o que se ten licenza, os tamaños. É moi importante destacar que a encriptación da información e a custodia dos datos está sempre en mans do armador. Nós, como proveedores tecnolóxicos, tentamos garantir un uso moi escrupuloso desa información para que só a vexan as persoas que as teñan que ver para emitir informes para a administración.”