Enlaces accesibilidad

O IES de Rianxo, pioneiro en fusionar asignaturas para mellorar a aprendizaxe

  • A fórmula foi implantada a raíz das dificultades causadas pola pandemia
  • Agora está recollida na nova lei Educativa para os tres primeiros cursos da ESO

Por
O IES de Rianxo fusiona asignaturas para mellorar a aprendizaxe

Hai un ano, nos primeiros momentos da pandemia, os centros educativos, igual que toda a sociedade, buscaron fórmulas para enfrontarse a un problema novo e descoñecido.

Centos de adolescentes entrando e saíndo de ducias de aulas nun centro de secundaria non parece, a priori, o lugar máis seguro para evitar contaxios. Sen embargo houbo que por en marcha medidas e en moitos casos tiveron éxito.

Permite un contacto máis continuado dos alumnos co profesor

Agrupar as asignaturas para que os alumnos tivesen que cambiar o menos posible de aula e de profesor foi unha das primeiras medidas. Tamén reducir e escalonar os recreos e evitar os cambios de aulas.,

Moitos centros tiñan xa a experiencia do que na LOE se chamaba " Programa de Diversificación Curricular" e tamén o que se denomina "Tratamento Integrado das Linguas", asi que, aplicando o que tiñan aprendido neses eidos, grupos de profesores de asignaturas afíns repartiron os grupos e cada un deles estableceu un contacto docente máis estreito cun grupo ao que, no canto de darlle tres clases a semana en tres días distintos, llas dá agrupadas.

Convencidos de que saíron gañando

E resulta que, un ano despois, son moitos os convencidos de que saíron gañando en calidade do ensino ademáis de en seguridade sanitaria.

Están empezando a aplicalo tamén en asignaturas científicas e técnicas e mesmo se decataron de que os alumnos chegan literalmente máis lixeiros á clase. En vez de catro ou cinco asignaturas na mañá téñen unha ou dúas.

Uns cambios que están sendo controlados pola Inspección educativa para evitar o perigo de que o ensino se baleire de contidos. Coinciden coas perspectivas que quere abrir a nova Ley de Educación para lograr unha formación menos memorística e máis centrada na adquisición de competencias.