Enlaces accesibilidad

O CHUS trata o tremor do párkinson cunha técnica nova na sanidade pública

  • Un tratamento non invasivo que se realiza en tres horas con ultrasóns de alta resolución
  • Acaba de facer con éxito a primeira operación

Por
O CHUS trata o tremor do párkinson cunha técnica nova na sanidade pública

”Puedo llevar la cuchara a la boca, el día que entré aquí no podía. Aún me tiembla algo el pulso, nada que ver con lo de aquel día”, di Emilio Becceiro, o primeiro paciente operado.

Os cambios son inmediatos, notounos nada máis rematar a intervención, que durou tres horas. É a primeira que se fai na sanidade pública. Unha técnica que focaliza os ultrasóns guiados por resonancia magnética e queima a área do cerebro que lle afecta ao movemento incontrolado.

Miguel Gelabert, especialista: “Evidentemente es quemarlo, pero es una lesión térmica que nosotros controlamos muy bien desde fuera. Somos capaces de controlar la extensión de la lesión, para eso necesitamos que el paciente esté despierto para ver el resultado inmediato tan pronto hacemos la elevación de la temperatura.”

Ata agora para tratar a estes pacientes utilizábanse métodos cirúrxicos,como a estimulación cerebral profunda coas limitacións que teñen a técnicas invasivas.

Miguel Gelabert: “No tiene contraindicaciones, la más importante sería en pacientes portadores de marcapasos o de algún dispositivo electrónico que contraindique, no en si la técnica pero sí el control por resonancia magnética.”

Unha nova medicina para o cerebro que podería axudar xa a uns 600 pacientes en Galicia e abre a porta a outra enfermidades como o alzhéimer, a epilepsia e tumores cerebrais.