Enlaces accesibilidad

Test de saliva nas farmacias de Pontevedra a nenos de 12 a 17 anos

  • Preténdese detectar asintomáticos e evitar gromos de covid nos centros de ensino e no ámbito familiar
  • O cribado é voluntario e gratuíto e a el sumáronse case todas as boticas da provincia

Por
Test de saliva nas farmacias de Pontevedra a nenos de 12 a 17 anos

Ao programa súmanse boa parte das farmacias da provincia, 388 en total.

É un grupo de poboación importante porque son moi activos, teñen moitas relacións sociais e moitos son asintomáticos

”É un grupo de poboación importante porque son moi activos, teñen moitas relacións sociais e moitos son asintomáticos. Se os detectamos pódense evitar contaxios familiares”, indica Luis Amaro, dono dunha farmacia no centro de Pontevedra.

Recollida de tubos nas farmacias

Esta mañá boa parte das boticas dispensaban aos país interesados os primeiros tubos para a recollida de mostras. “Eu teño dous fillos de 13 e 17 anos e xa asinei a autorización. Paréceme moi ben que o fagan porque nunca lles fixeron unha proba e poden ser asintomáticos”, dí Ángeles.

Ata os 15 anos é imprescindible que sexa un dos pais ou titores os que asinen a autorización, levando a tarxeta sanitaria do menor á farmacia. A partir de 16 anos poden asinala os propios mozos.

Os resultados, entre 24 e 48 horas.