Reabre o Pórtico da Gloria, pechado pola covid
- O acceso é controlado e gratuíto en grupos de ata 20 persoas
- A visita é dun tempo máximo de 25 minutos
A visita reábrese esta mesma tarde e estímase que unhas mil persoas pasen cada semana a contemplar a obra do Mestre Mateo.
É preciso coidar esta xoia do románico, polo que seguirá encapsulada por unha estrutura de madeira e separada do resto da basílica para que a humidade ambiental non estrague as policromías e que as persoas non toquen as policromías.
“Hai persoas coa tentación de palpar o Pórtico e iso deteriora a policromía“
“Hai persoas que teñen a tentación de palpar o Pórtico. Continuamente estamos advertíndolle á xente que non toque, porque deteriora a policromía”, alerta Daniel Lorenzo, da Fundación da catedral.
Con esta reapertura do Pórtico, pechado dende novembro, tamén se quere dar unha mensaxe optimista, de normalidade para retomar as celebracións do bienio 2021-2022.
A entrada recóllese no museo da Catedral ou reservando a vista na páxina web catedral de santiago.es