Os 2.500 restaurantes de Galicia terán que ter medidores de CO2 para saber como están de ventilados
- É unha medida para controlar a calidade do aire en todo momento e previr os contaxios
O 23 deste mes é a data tope para telos instalados
Unha concentración de CO2 menor de 800 partículas é aceptable. Por riba desa cantidade hai que ventilar os locais para renovar o aire. Do contrario, facilítase a permanencia do virus e a súa capacidade de propagación manterase durante horas.
Cun medidor, o máis recomendable é programalo para que alerte cando se superen as 500 partículas de CO2 por un millón.
“Ter esta ferramenta que che diga a calidade do aire hai que tomalo como positivo“
“Ter esta ferramenta que che diga a calidade do aire hai que tomalo como positivo”, sinala Daniel Guzmán, cociñeiro do único restaurante de Ourense cunha estrela Michelín.
Lugar para instalalo
Cada restaurante terá que facer probas para escoller o lugar axeitado para instalar os medidores de CO2.
Ten que estar nunha zona de alto fluxo de persoas e onde ninguén lle poida respirar encima e entón falsear os datos.
Un medidor dos máis baratos custa 65 euros. Os de sobremesa, entre 125 e 300. Mércanse nas tendas de electrónica. Os restaurantes teñen de prazo ata o 23 deste mes para instalalo.