Enlaces accesibilidad

A Forza de Guerra Naval Especial do Exército prepárase nas rías de Pontevedra, Ares e Ferrol

  • O grupo de elite da Armada, con base en Cartaxena, practica exercicios tácticos, de mergullo e paracaidismo
  • Atopan aquí un escenario óptimo e por iso veñen todos os anos

Por
A Forza de Guerra Naval do Exército adestra en Galicia

Son moitos os que estes días observan na Ría de Pontevedra o ambiente propio dunha vibrante película bélica. Son os “boinas verdes” da Armada.

Bos escenarios para adestrar

A Forza de Guerra Naval Especial adestra unha vez ao ano na costa galega na procura dunhas condicions radicalmente distintas ás que teñen na súa base habitual de Cartaxena, Murcia.

Os cambios de mareas, as correntes e altura de ondas permítenos acadar un nivel de adestramentos moi necesario para nós

”Galicia ofrécenos un escenario moi realista para determinados teatros. Os cambios de mareas, as correntes e altura de ondas permítenos acadar un nivel de adestramentos moi necesario para nós”, explica o coronel Pedro Martínez, Comandante da FGNE.

Nos exercicios reproducen, por exemplo, o que sería a entrada dos operadores nun pais en conflito, integrándose con outras unidades coa axuda de helicópteros.

Os efectivos descenden dende o aire ata unha lancha pneumática ou reciben un motor que deben montar para trasladárense.

Na ría de Ares realizaron tamén manobras de paracaidismo con gran éxito de público.

A Forza de Guerra Naval da Armada adéstrase en Galicia

Loita contra a piratería

Combater a piratería e o terrorismo marítimo é un dos retos aos que se enfronta esta forza de elite da Armada. Actualmente ten unha unidade despregada na Operación Atalanta, no Océano Índico.

Entre as súas misión máis sonadas, a liberación do atuneiro vasco “Alakrana”, secuestrado en 2009 na costa de Somalia.

”Outra das máis coñecidas foi a liberación en Mali dunha refén francesa, a petición do presidente Sarkozy. Foi a única ocasión en que unha nación solicita a outra nación que lle liberen a un refén”.

Explican tamén que en situación reais, como nas operación no Índico, intevirían de noite e por sorpresa para achegarse ao obxectivo.

Adestran en Galicia ata o día 23 deste mes.