Enlaces accesibilidad

En 2022 faranse en Santiago probas de taxis aéreos para transportar persoas, mercadorías e para vixilancia policial

  • Compostela será unha das tres primeiras cidades europeas en experimentar este transporte
  • Durante dous anos prepararán sistemas para que estes voos sexan seguros e compatibles cos convencionais

Por
Santiago será das primeiras cidades da UE con probas de taxis aéreos

Usar un dron para ir do aeroporto ao centro urbano, para mover mercadorías, enfermos ou realizar vixilancia policial é xa unha realidade nalgúns países e Europa prepárase para incorporala.

A resposta ten que ser en segundos para controlar o tráfico de xeito seguro

"Ha que ter un control sistematizado, a resposta ten que ser en segundos para controlar o tráfico de xeito seguro", indica Analía López Fidalgo, do Instituto Tecnolóxico de Galicia.

100 horas de voos

Durante dous anos prepararán sistemas para que estes voos sexan seguros e compatibles cos convencionais.

En 2022 poñeranse a proba a gran escala no Reino Unido, nos Países Baixos e en Santiago de Compostela."Santiago é unha cidade cun patrimonio arquitectónico incríbel, pero tamén unha cidade de futuro, que quere estar á vangarda", di Gumersindo Guinarte, Concelleiro de Turismo de Santiago.

Serán cen horas de voo sobre Santiago, onde os drons poden supoñer un cambio radical no seu casco histórico de rúas estreitas e circulación restrinxida.

As probas faranse nunha zona pouco poboada entre o aeroporto e o Monte do Gozo. Delas sairán as normas para integrar os drons nas nosas cidades de xeito sostible.