Enlaces accesibilidad

Familias de comerciantes maragatos asentáronse en Galicia a finais do século XIX

  • Nace unha páxina de internet que estuda e difunde a súa historia no comercio galego
  • A familia Pérez Carro chegou a Lugo en 1880 e montou unha cordelería, o negocio en activo máis antigo da cidade

Por
Maragatos en Galicia: unha páxina de internet estuda a historia deses leoneses no comercio galego

Na luguesa porta de San Pedro asentouse a familia maragata Pérez Carro en 1880. Tres xeracións despois Carmen segue tras o mostrador do comercio en activo máis antigo de Lugo, unha cordelería que mantén o aspecto dos primeiros anos da fundación.

Este no es un comercio, es un privilegio heredado que me dejaron para ser una buena ciudadana de Lugo

"Este no es un comercio, es un privilegio heredado, que me dejaron para ser una buena ciudadana de Lugo", di Carmen Pérez Carro, comerciante maragata.

Chegaron a vilas e cidades

Os comerciantes maragatos chegaron a numerosas vilas e cidades galegas. Para conservar a súa historia nace a páxina “Los maragatos en la Puerta de San Pedro”, impulsada polo Colectivo Egeria.

"En aquella época hubo mucha gente de la Maragatería que vino a Galicia. Mis abuelos paternos se establecieron aquí, en Lugo, pero los maternos se fueron a A Coruña, donde tuvieron asentamiento de pescados e incluso barcos.

Carmen, histórica comerciante, ten aínda corda e aos seus 78 anos ten previsto crear un albergue de peregrinos en Lugo.