Enlaces accesibilidad

Novo impulso á vacinación, coa chegada de doses de Janssen para dependentes a domicilio e mariñeiros

  • A Xunta quere que o certificado de vacinación sirva para evitar algunhas das restricións aplicadas coa Covid
  • O comité clínico aumenta as restricións en Vigo, a única das sete grandes cidades que pasa ao nivel medio

Por
A vacina de Janssen será para dependentes a domicilio e mariñeiros

As últimas decisións da Xunta deixan a catro concellos no nivel máximo de restricións, as que supoñen un peche perimetral e as máximas limitacións á hostalaría. Son O Grove, A Pobra, Carballeda e Cualedro.

A volta dunha das grandes cidades a niveis de limitación da actividade superiores ás xerais é outra das novidades. Vigo entra no nivel medio, logo de rexistrar un lixeiro aumento da incidencia, tanto a sete coma a 14 días. No cómputo referido a sete días, acumula unha incidencia de 83 casos por cada cen mil habitantes, mentres que a media de Galicia é de algo menos de 45 casos. Aínda así, a situación da cidade galega é notablemente mellor cá media de España, onde ese índice a sete días é de 107 casos por cada cen mil habitantes.

As feiras e atraccións poderán recuperar a actividade

Eses datos relativamente positivos de Galicia son os que argumenta a Xunta para aliviar algunhas das restricións xerais.

Asi, poderán voltar á actividade os mercados, as atraccións das festas e os congresos.

Nos mercados poderán instalarse todos os postos cando sexan menos de 150 e se son máis de 250 postos, só a metade. Sempre mantendo as distancias de seguridade.

As atracións poderán ocupar o 50 por cento da capacidade se van sentados, e o 30%, en movemento.

E os congresos poderán reunir entre 300 e 1.000 participantes, dependendo de se se celebran en interiores ou no exterior.

En canto ao lecer nocturno vanse realizar probas e análises, igual que se fixo na hostalaría, con vistas a poder abrir a finais de xuño.

Janssen e certificado de vacinación

As 8 mil doses de vacinas de Janssen que chegaron a Galicia van ser aplicadas esta semana a persoas dependentes que non poden sair da casa e a mariñeiros.

Esta vacina é a única de momento que se presenta para aplicar nunha única dose.

A Xunta baralla tamén usar o certificado de vacinación para aliviar algunhas desas restricións. O certificado, que xa se pode descargar en “É-Saúde, podería ser unha especie de pasaporte para entrar en determinados recintos ou para superar peches perimetrais.