Enlaces accesibilidad

Primeiras doses de Janssen para grandes dependentes

  • Nunha primeira remesa serán inmunizadas 8.350 persoas con este fármaco de dose única
  • En xuño chegarán 50.000 á semana

Por
A vacina de Janssen xa se administra a grandes dependentes a domicilio

Os enfermeiros dos centros de saúde vanse desprazar ás casas para poñer as vacinas de Janssen porque se vai priorizar a protección das persoas dependentes con problemas de mobilidade.

A súa vantaxe con respecto ás outras vacinas é que ao aplicarse só unha dose acelera a inmunidade comunitaria.

Evita o trastorno de ter que vir ao centro de saúde e cunha soa dose inmunízase moito máis rápido

Explícao o enfermeiro do centro de saúde de Verín Enrique Lorenzo. “Evita o trastorno de ter que vir aquí e cunha so adose inmunizase moito máis rápido. Con esta doses, no momento que lla pos xa empeza a xerar unha inmunidade. Nas outras, un porcentaxe de inmunidade créaa pero ata a segunda non crean a porcentaxe total e alóngase no tempo, tardas moito mais en vacinar a xente”.

Apura a vacinación

A chegada desta vacina vai permitir apurar o proceso de vacinación. A súa administración paralizárase en Europa polos seis casos de trombos detectados en persoas vacinadas nos Estados Unidos. A Axencia Europea do Medicamento avala o seu uso porque o beneficio é moi superior ó risco. Agora o prospecto da vacina inclúe como efecto secundario moi raro a coagulación sanguínea. Agárdase en xuño cheguen a Galicia 50.000 doses á semana.