Illas Cíes, incoporadas á Rede Internacional de Humidais
- Galicia convértese na terceira comunidade con máis espazos deste tipo protexidos, despois de Andalucía e Valencia
- É un paso máis para poderen ser Patrimonio da Humanidade da Unesco
O Consello de Ministros ratificou esta semana a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica para sumar o Parque Nacional das Illas Atlánticas aos 76 espazos que catalogados como humais excepcionais.
9.000 hectáreas, 52 especies
Con case 9 mil hectáreas o Parque Nacional das Illas Atlánticas conta con 52 especies asociadas a zonas humidas ameazadas. A listaxe Ramsar recolle e premia os lugares que manteñen unha excepcional conservación e mantemento da súa biodiversidade.
"A elevada variedade de hábitats moi especiais, tamén moi vulnerables, permitiu que o Parque Nacional entrase nese club", sinala o biólogo do Parque Ignacio Munilla.
Espérase este novo recoñecemento sexa un paso máis para lograr a denominación de Patrimonio da Humanidade, xa que reúne con este nomeamento a última das seis figuras máximas de protección.
“É un paso trascendental para poder ser Patrimonio da Humanidade“
"É un paso trascendental para acadar outro a nivel internacional, que é ser Patrimonio da Humanidade", di a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez
Mentres tanto poderemos seguir desfrutando como patrimonio de Galicia