Científicas de Lugo reproducen en peixes cebra a mutación de enfermidades raras
- Con técnicas de edición xenética fan mutar as doenzas nos animais para estudar os tratamentos
- Pelayo é o único caso en España cunha doenza da que só se coñecen 18 no mundo
Pelayo é o único en España cunha enfermidade xenética utrarara da que só se coñecen 18 casos no mundo. Este proxecto axuda na investigación das alteracións xenéticas que se producen nestes pacientes grazas ao seu comportamento nos peixes.
“Os modelos animais permiten coñecer mellor os mecanismos. A nivel fisiolóxico, a nivel dos tecidos...Unha vez temos esto en coñecemento podería usarse para que outros investigadores poidan utilizalos para probar tratamentos”, di Maribel Quiroga Verdeal, profesora de Anatomía Patolóxica da USC.
A importancia do financiamento
Os investigadores alertan da importancia do financiamento e de “facer que a ciencia chegue á rúa e a xente comprenda a importancia de investigar as enfermidades minoritarias”, remarca Maribel Quiroga.