Galicia comeza unha nova vacinación masiva fronte á covid
- Está previsto administrar máis de 240.000 doses esta semana en 14 grandes centros de vacinación
- Coronavirus: última hora en directo | Mapa de España | Hospitales y UCI
- Vacunas en España | Guía de restricciones | Mapa mundial | Especial: La gran vacunación
Na área sanitaria de Santiago e Barbanza hai hoxe citadas 9.300 persoas para vacinarse. Delas, 7.300 fano na Cidade da Cultura, no monte Gaiás. Habilitáronse 33 postos de vacinación, atendidos por 84 enfermeiras, en horario de mañá e tarde.
Máis postos para vacinar
“Ampliamos postos porque están chegando moitas máis vacinas e estase citando moito máis. Hoxe estreamos quince postos novos de enfermería, antes só tiñamos 18. O máximo que citáramos ata agora eran 5.500 persoas diarias e hoxe temos 7.300, tendemos a subir”, di Paula Boga, a coordinadora do dispostivo despregado na Cidade da Cultura.
Asegura que a xornada está transcorrendo “moi tranquila” e que a área sanitaria compostelá superará hoxe as duascentas mil doses administradas.
Os convocados son o grupo de entre 60 e 65 anos. A maioría dos que van hoxe cumpren os 60 este ano e reciben a primeira dose de AstraZeneca.
Alta participación
Consuelo Castro admite que viña “un pouco asustada” pero foille ben, “nin me enterei da picada”. Outro matrimonio de sesaxenarios do Val do Dubra asegura que tiñan “moitas ganas de que nos chamaran” e que se senten “máis protexidos despois de poñer a vacina”, aínda que recoñecen que a de AstraZeneca “nos dá un pouco de medo”.
Nas últimas vacinacións masivas na área sanitaria presentáronse o 98 por cento dos convocados.
Para acceder ao recinto é imprescindible amosar o código QR no que aparece a citación. As forzas de seguridade colaboran con Protección Civil para evitar aglomeracións nesta vacinación masiva. “Está moi ben organizado, moi áxil, chegamos e entramos”, destaca un grupo de convocados.
Desde o xoves, os de 65 a 90
A partir do xoves comezarase a vacinar aos de entre 65 e 69 anos, dos que se citará a unas noventa mil persoas ata o sábado, case o 70 por cento do total dese grupo de idade. Ao mesmo tempo séguese inmunizando aos de entre 70 e 79 anos.
A previsión é administrar máis de 240.000 doses ao longo desta semana, nos catorce puntos de vacinación distribuídos nas sete áreas sanitarias galegas.