Enlaces accesibilidad

Os bicos e apertas volven ás residencias de maiores

  • A mellora da situación e as vacinas permiten reabrir os centros
  • Os usuarios poderán pasar ata cinco días na casa da familia, volvendo cunha PCR negativa

Por
A mellora da situación e as vacinas abren as portas das residencias

Dende hoxe as persoas que viven en residencias de maiores ou centros dependentes poden manter contacto físico cos visitantes, o que supón recuperar os bicos e os abrazos.

Cóntame que todo vai ben. Coma ela, ningunha. Por moito que digamos, como as netas non hai

A Dolores veuna visitar hoxe a súa neta María José. Había moito tempo que non o facía por medo ao contaxio. Moito tempo sen poder darlle un bico nin unha aperta. “Que me conta? pois que todo vai ben. Coma ela, ningunha. Por moito que digamos, como as netas non hai”, di algo emocionada Dolores Rodríguez Porto.

O reencontro destas avoa e neta ponlle fin a máis dun ano de residencias pechadas ou de visitas con todo tipo de limitacións e precaucións.

Saír ata catro horas diarias

Escenas coma esta son posibles dende hoxe en todas as residencias de Galicia. Os usuarios mesmo poden saír ata un máximo de catro horas ao día. "Pueden salir durante cinco días a la semana, incluso ir a casa de la familia, regresando con una PCR con resultado negativo", sinala Pilar Herrero, directora dunha residencia de Santiago.

Esta volta á normalidade é posible grazas á mellora da situación xeral e a que os residentes están vacinados contra a covid. Aínda así, hainos que prefiren manter a prudencia. “Teño moito respecto a iso. Aínda saíndo con máscara e todo, téñolle moito respecto”, di Ramón Rodríguez Mourelle, usuario de residencia.

Saídas con control

Esta reapertura ás saídas e aos bicos e abrazos irá acompañada de medidas de control, para evitar riscos. “Siempre que detectemos algún problema o disfunción, esas medidas podrían ser matizadas. Pero creemos y somos optimistas en que estas medidas se van a ir ampliando”, di Antón Acevedo, director de Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia.