Enlaces accesibilidad

A figura de Emilia Pardo Bazán revitalízase ao cumprírense 100 anos da súa morte

  • Actos en Galicia e en Madrid resaltan o seu carácter de precursora do feminismo e o seu legado
  • Repousa nunha tumba da basílica da Concepción, en Madrid, malia que deixara desexo expreso de ser soterrada no Pazo de Meirás

Por
Emilia Pardo Bazán: de moda cen anos despois

A morte sorprendeuna en Madrid. Era diabética e a enfermidade xuntóuselle cunha afección pulmonar. Morreu escribindo.

Temos que ter os mesmo dereitos e non máis deberes. Esto é revolucionario

Marimacho e ser monstroso para os inimigos. Escritora de éxito e feminista radical. A académica Marilar Aleixandre resalta a súa modernidade. "Non só pide todos os dereitos, senón que todos os dereitos do home ten que telos a muller. E di algo máis: temos que ter os mesmo dereitos e non máis deberes. Esto é revolucionario”. E engade: “Os relatos son extraordinariamente modernos. Os relatos sobre a violencia contra as mulleres podían ser escritos agora”.

Unha casa da rúa Tabernas da Coruña foi o seu fogar. Casou con 16 anos, tivo tres fillos, separouse cando ninguén o facía, tivo uns cantos amantes.

Obra moi extensa

Cada dos por tres pueden aparecer cosas, de lo mucho publicado y de lo mucho que escribió y no publicó

Tiña unha biblioteca xigante e unha obra tan extensa que aínda os expertos non saben o que abarca.

O tamén académico José Manuel González Herrán di que queda por descubrir dela. “Si alguien reúne lo que ella escribió, las obras completas, serían muchos, muchos volúmenes. Es una caja de sorpresas. Cada dos por tres pueden aparecer cosas. De lo mucho publicado y de lo mucho que escribió y no publicó”.

Os libros de Pardo Bazán están traducidos aos principais idiomas. Hai pouco publicouse unha traducción ao xaponés de "Los pazos de Ulloa". En Francia, para aprobar as oposicións a profesor de español esta escritora é de lectura obrigada.