O Lugo reparte entradas para o partido do sábado, no que será o primeiro encontro profesional en Galicia con público
- É posible pola baixa incidencia da covid na Comunidade
- Os afeccionados poderán asistir tamén aos partidos de Obradoiro e Celta
A última vez que o Lugo tivo público no Anxo Carro foi o 6 de marzo de 2020, xusto antes da pandemia.
Este sábado, ás seis e media da tarde, contra o Mirandés, dous mil cen afeccionados poderán ver o equipo albivermello, que precisa máis ca nunca do apoio da bancada, pois está en postos de descenso, penúltimo na clasificación.
““Aínda que sexan dúas mil persoas, é un apoio para o equipo. A ver se se mantén”“
“Os afeccionados temos que estar nos campos, máxime nestes momentos”, din os que hoxe esperaban para mercar entradas.
“Aínda que sexan dúas mil persoas, é un apoio para o equipo. A ver se se mantén”. “Que sintan o ánimo da súa xente. A ver se podemos facer algo”.
O plantel, por boca do xogador Hugo Rama, agradece o apoio.“Parece que o destino, no momento máis complicado da temporada, a nosa xente estea con nós. Necesitámolos”
Os abonados xa poden retirar as entradas. O club tentará situalos no asento que lles corresponde.
Ademáis da entrada e do DNI, terán que levar unha máscara FFP2.