Vigo delimita parcelas nas praias de Samil e O Vao para gañar seguridade fronte á covid
- Usará cintas de cores para emprazar os bañistas e os lugares de paso
- Recolleranas polas noites para limpar a area
O dispositivo de separación entre os bañistas implantarase dende finais de xuño a finais de agosto nos areais urbanos de Samil e O Vao. O alcalde, Abel Caballero, di que quere "ter un mil por cen covid seguro".
Parcelas delimitadas con cintas
O sistema é similar ao empregado o pasado verán, con parcelas delimitadas con cintas de cor vermella, nas que podía haber un máximo de seis persoas. Os pasos entre elas estarán de branco e en verde os de entrada e saída da Praia.
Pola noite recóllense as cintas para limpar a área e vólvense poñer pola mañá.
“Abel Caballero agarda ducias e ducias e ducias de milleiros de visitantes“
O alcalde vigués quere unhas praias seguras para recibir este verán, di, “ducias e ducias e ducias de milleiros de visitantes”.