O túnel do Cereixal na autovía A-6 en Lugo, o primeiro en España con tecnoloxía 5G para axudar á condución
- Este treito avisa os conductores da presenza de peóns, fume ou vehículos en dirección contraria
- Os erros humanos son o 90% dos accidentes, que se reducirán aplicando esta tecnoloxía
No túnel do Cereixal da autovía A-6 ao seu paso por Becerreá instalaron cámaras e sensores con tecnoloxía 5G para proporcionar información da estrada aos conductores.
Un vehículo parado, moi lento, ou que circula en sentido contrario, fume ou avisos meteorolóxicos son algún dos datos que reciben os navegadores dos vehículos ou tamén as aplicacións dos teléfonos móbiles.Mercedes Fernández Xerente,deTelefónica,di que así será no futuro "coche conectado", co conductor recibindo moita máis información do que ocorre na vía.
“Os erros humanos son o 90% dos accidentes. O 5G reducirá a mortalidade nas estradas“
A tecnoloxía 5G aumenta a velocidade e a cantidade de transmisión da información aos dispositivos. Laudelino Laíz, do Grupo Stellantis, ponlle cifras ao que representará esta tecnoloxía nun futuro próximo. "Os erros humanos son o noventa por cento dos accidentes. Estas funcionalidades con 5G serán fundamentais para reducir a mortalidade nas estradas".