Os menores de 60 anos que recibiron a primeira dose de AstraZeneca, para a segunda prefiren a mesma vacina
- Aos convocados pregúntanlles se optan por AZ ou queren cambiar a Pfizer
- Os pacientes chegan co consentimento que recibiron por SMS para o tipo de vacina que lles poñen
Segunda dose da vacina para as persoas dos colectivos esenciais de menos de 60 anos que recibiran a primeira de AstraZeneca
Dos 850 que estaban citados hoxe en Ourense, 794 optaron por repetir con AstraZeneca. Isto é, case o 90 por centro. Por diferentes razóns."Non quería mesturar as dúas doses", di unha paciente. Outra: " AstraZeneca porque hai moita xente vacinada e non houbo tantos problemas". E unha terceira: " O estudo que fixeron non me convenceu moito, alomenos que a segunda sexa a mesma que a primeria".
“Non quería mesturar as dúas doses“
A pequena porcentaxe que cambia a Pficer traduciuse en 56 persoas do total de 850.
Outro paciente cambiou por recomendación médica: " A min dixéronme que podía escoller, pero o médico recomendoume Pfizer porque tiven o trombo. "
Con consentimento
O novidoso, respecto ao que foi ata agora a vacinación, é que os convocados chegan xa co consentimento para o tipo de vacina que lles enviaron por SMS. Tamén se poden solicitar no lugar da vacinación.
A vacinación coas segundas doses de AstraZeneca para os menores de 60 anos vai seguir en toda Galicia, á espera de confirmar que hai doses dabondo para todos.