Enlaces accesibilidad
Coronavirus

Segunda dose de AstraZeneca: o Sergas dá a elixir e pide un consentimento asinado

  • O ministerio de Sanidad insta ás CC.AA a que a opción por defecto sexa Pfizer àta aos menores de 60 coa primeira de AZ
  • Ante a polémica creada, a Xunta asegura que cumpre as recomendacións dos expertos

Por
Polémica pola segunda dose da vacina

Polémica por como se está a administrar a segunda dose aos menores de 60 que recibiran a primeira de AstraZeneca. O Sergas dá a elixir e pide que asinen un consentimento informado. Mentres, o ministerio de Sanidade insta ás comunidades a que a opción por defecto debe ser Pfizer.

A consellería de Sanidade asegura que está a facer cumprir as recomendacións dos expertos. Entre os que recibiron a segunda dose hoxe en Santiago, moitos relacionados coa sanidade e investigadores. Tiveron que escoller, neste caso, con algo máis de información que a poboación en xeral.

Eu optei por AstraZeneca porque, cos estudos que hai, é a que máis me convence.

"Hai moi poucos estudos que digan que Pfizer é mellor que AstraZeneca", sentencia outra. "Están saíndo algúns estudos de combinar con Pfizer, pero non son definitivos así que, pareceume o máis seguro".

Consentimento informado

Para a segunda dose os pacientes deben asinar un consentimento informado, no que plasman que vacina queren de segunda dose: se AZ ou Pfzer.

Estes dous consentimentos é un dos motivos de crítica por parte do Ministerio que lembra que a posibilidade de optar por repetir con AstraZeneca só debe ser para casos nos que non se queira cambiar a Pfizer.

E dilles ás comunidades autónomas que non deben dar a elixir.

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña di que fan o correcto: " Se cando lles ofredemos Pfizer e eles queren AstraZeneca..., se eso é elixir…Nós preguntámoslles cal queren poñer”

A nova polémica coa vacina de AstraZeneca xurdiu despois de que en toda España a gran maioría dos citados de menos de 60 anos optaran por repetir co mesmo laboratorio para a segunda dose.

En Galicia son más de trescentas mil as persoas que están pendentes desa segunda dose.