Volta á normalidade nos centros de día
- Milleiros de usuarios recuperan pouco a pouco a rutina anterior á pandemia polo alivio das restricións
- Case todos están vacinados, o que lles permite o contacto físico coas coidadoras
Pasear, facer exercicio, e recuperar o contacto interpersoal. Son Actividades que volven ser cotiás nos centros de día, nos que todos os usuarios teñen a pauta completa da vacina contra a covid e xa poden ter contacto físico coas coidadoras.
“Gústalles tocarte, darche bicos. Antes non se podía“
Di a xerente do centro de día do barrio da Ponte, de Ourense, que "gústalles tocarte, darche bicos. Antes non se podía".
Saen a pasear
Dende o pasado dez de maio, tralo remate do estado de alarma, tamén poden saír a pasear en parellas cunha auxiliar.
“Na casa gústame saír, pero teño unha nora que me pecha a porta“
A usuaria, Dolores Carbajales, di que "na casa gústame saír, pero teño unha nora que me pecha a porta"
Outra medida que se relaxou coa desescalada é a da distancia interpersoal. Agora pódense sentar xuntas nas mesas en parellas para xogar.
As medidas que se manteñen son a desinfeción de mans cada pouco e cambio de máscaras cada catro horas.